¡¡¡Deixa de fumar a partir do 18 de maio e gañarás saúde e a posibilidade de viaxar
a lugares marabillosos!!!
"Déixao e gaña 2008" é un concurso para deixar de fumar, no
que poden participar as persoas maiores de 18 anos residentes en Galicia, que fuman
a diario desde fai polo menos 1 ano.
Participar no concurso Déixao e Gaña é moi sinxelo.
As persoas fumadoras comprométense a non fumar durante polo menos
4 semanas (do 18 de maio ao 15 de xuño), nomean a unha ou dúas persoas
que actuarán como testemuñas, e participan no sorteo de importantes premios.
As persoas non fumadoras, que nunca fumaron ou que o deixaron (ex fumadoras),
tamén poden participar. Actuarán como testemuñas ou persoas de apoio dos
concursantes fumadores. Pódese ser testemuña de varias persoas fumadoras.
Cantas máis persoas animes a participar máis posibilidades terás
de gañar un premio.